Thursday 25 de April de 2024

Gran participación no VI Festival Monecadas de Brión a pesar do mal tempo


 

O tempo foi o gran condicionante da sexta edición do Festival Monecadas, pois durante as tres xornadas programadas sempre houbo que estar cun ollo posto no ceo ante a constante ameaza de choiva. Ameazas que só se chegaron a concretar na xornada do sábado, onde as actuacións de Mad Compass Theatre e Niino & Mambrú tiveron que celebrarse a cuberto na sala municipal de exposicións, pero que restaron tamén gran parte da participación rexistrada en edicións anteriores.

Aínda así, o festival organizado por Titeriteiros da Comarca e o Concello de Brión reuniu a centos de nenos e nenas, que desfrutaron coas súas familias das actuacións de grupos chegados de Galicia (A Xanela do Maxín e Raquel Queizás), Portugal (Marionetas da Feira), Italia (Mad Compass Theatre) e Francia (Nino & Mambrú).